Sin categoría

Case

A vida do fotógrafo de aves évos moi dura e sufrida.  Basta que un paxaro se decate da presenza dun bípede “armado” cunha cámara para que fuxa como alma que leva o demo.

Non podemos culpalos claro. Non é doado diferenciar entre as intencións dun amante da natureza e as de cazadores e nenos equipados con tirapedras e escopetas de balíns que disparan a todo canto se move.

Algúns paxaros como o picapeixe son especialmente tímidos pero desta vez estivo cerca. Pousouse a só uns metros detrás dun tronco pero só puiden facer unha foto e non quedou como debería.

picapeixe_08

No pasado congreso de ornitoloxía de Pontevedra, un conferenciante suxería que co progresivo abandono do rural e diminución de licencias de caza posiblemente no futuro as aves amosarían un comportamento máis amigable co ser humano …

 

Unha reflexión

Sen entrar a valorar que un adulto goce matando ou que os animais teñan ou non dereitos, ¿é realmente lexítimo que unha persoa destrúa algo que é de todos por mero capricho?

Admitindo que os seres humanos somos donos da natureza.  Para conculcar o dereito de todos a gozar mirando UN ANIMAL SALVAXE (que é de todos) debe existir outro dereito máis importante que o avale.

Podería pensarse que é lexítimo matar un animal se o necesitamos para comer por exemplo, pero non semella que o goce dun cazador sexa un dereito máis importante co goce de todos os demais (un observador non impide que os demais podan gozar co animal, o cazador si).

Loxicamente este razoamento non impide a caza de animais criados para ese fin que xa non serían de todos.

Esperemos que máis cedo que tarde a caza de animais salvaxes deixe de ser algo permitido e fomentado.

Estándar
Sin categoría

Sin papeis

Tendemos a pensar na natureza como algo que repite o seu ciclo anual unha e outra vez con poucos ou ningún cambio pero nada máis lonxe da realidade.

Posiblemente a principal causa de cambios rápidos é a actividade humana.

En Galicia os cambios na utilización da terra están facendo que especies como o lagarteiro ou o pardal montés desaparezan e outras de habitats máis boscosos proliferen.

O bico de coral é unha recén chegada onda nós.  Procedente de aves en cautividade, o seu habitat natural é o norte de África. Podemos atopala en Portugal e na costa galega onde vai sobrevindo con dificultade competindo con pardais, verderoles, xiríns e especialmente cos xílgaros cos que comparte a súa preferencia por arbustos e frores con sementes.

bico_de_coral_ 05

Noutras ocasións son especies salvaxes as que se sacan proveito dos cambios.  A rula turca, máis adaptada á convivencia co ser humano é outro recén chegado das últimas décadas.

rula_turca_04

 

Estándar