Sin categoría

Case unha vida facendo fotos de aves

Esta foto foi feita cunha Canon Powershot acoplada a un telescopio Celestron fai xa uns aniños. As fotos con digiscopin foron das primeiras que fixen poden verse.

Tomeime a liberdade de contar parte das miñas andanzas coma fotografo de aves na entrada do menu dedicada a fotografía.

Estándar
Sin categoría

Un ano difícil

Este ano están aparecendo moitas aves peláxicas mortas nas nosas praias. Araos papagaio, como os das fotos na praia de Carnota, mascatos, corvos mariños. A maioría son exemplares novos, pero tamén hai adultos.

Nas Illas Canarias, segundo a prensa, apareceron centos de araos papagaio. A Universidade de La Laguna investiguo as causas e atoparon que os cadaveres tiñan un 30% menos do peso que lles correspondía. Parece que morreron literalmente de fame.

Tamén os pescadores de cana estamos notando unha falla de peixes depredadores, robalizas en particular, e as poucas que hai están estremadamente delgadas.

Todo semella corresponder a mesma causa: a falla de alevíns.

Estándar
Sin categoría

Agardando o rancho

agardando

¿Que fai este grupo de crías de ferreiriño rabilongo todas amontoadas baixo as follas dun carballo?
Seguramente non fai moito que deixaron o niño e agora agardan a que os adultos lles leven comida, unha familia realmente numerosa ou pode que non.

Os ferreiriños rabilongos móvense case sempre en pequenos grupos polo que pode que estas crías sexan de varias parellas (non sei se crían en grupo, pero varios adultos movíanse pola zona).

chega_comida

Un adulto chega co peteiro ata os topes de insectos.  Puiden observar que era ou eran moi coidadosos alimentando a crías diferentes en cada ocasión.

Estándar
Sin categoría

Ritmos diferentes

O ano pasado, ao final do verán, case todas as pozas e lagoas da ría de Arousa estaban secas.  Quizá por iso os lavancos este ano van “a fume de carozo”

lavanco_criando

Estes estaban nunha poza cerca da praia de Espiñeira na Illa de Arousa e non son os únicos que teño visto xa paseando a prole.

Pero non todas as aves van ao mesmo ritmo, as limícolas da foto (píldoras cincentas, pilros comúns e mazaricos rubios) facían unha parada nunhas rochas tamén na Illa de Arousa camiño dos seus lugares de cría no norte de Europa.

limicolas_emigrando

Estándar
Sin categoría

Ría do Burgo

É unha pequena ría formada polo río Mero e situada moi cerca da cidade de A Coruña.  De feito a maior parte do seu contorno está totalmente urbanizado.

ria_do Burgo_01_0001

Non parece este o mellor entorno para observar os asustadizos limícolas pero nada máis lonxe da realidade.

Alí, a escasos metros da xente que pasea, podemos observar a unha boa cantidade de especies.

Pilros, biluricos, ostreiros, píldoras … que noutros lugares só podemos ver de lonxe, aquí apenas se molestan pola  nosa presenza.

E non só limícolas. Gaivotas, corvos mariños, gansos, garzas, patos … e cisnes

Unha numerosa colonia de cisnes viven na ría movéndose con esa maxestuosidade que só eles teñen.  No momento da visita estaban empezando a “facer as beiras”.

ria_do Burgo_01_0012

E claro, ao velos tan cerca pódese observar o seu comportamento.  Podemos ver como esta garza branca intenta quizá chamar a atención dunha femia camiñando coa cabeza erguida.

ria_do Burgo_01_0010

 

Ou como unha gaivota chorona “actúa” para un grupo de pilros sen moito éxito.

ria_do Burgo_01_0005

 

Estándar
Sin categoría

Umia-Grove

Co inverno xa case terminado, non está demais lembrar que o Complexo Intermareal Umia-Grove é un dos mellores lugares de Galicia para ver invernantes.

A maioría son especies que só están con nós uns meses fuxindo das duras condicións do inverno no norte e centro de Europa.

umia_grove_01_2018

Un grupo de patos rabilongos nadan tranquilamente co mar un pouco revolto.

umia_grove_02_2018

Os mazaricos rabinegros que viamos en primeiro plano na foto anterior agardando que o mar ao subir non os obrigue a deixar o lugar onde se pousaron (non foi así, un pouco máis tarde xa non quedaba ningún).

Este inverno case non vira asubións e dei por feito que terían optado por outro lugar para pasar o inverno, pero non foi así.  Esta gran bandada visitounos durante os temporais de frío pasados.

umia_grove_03_2018

Bandada de asubións

umia_grove_04_2018

Algúns asubións un pouco máis cerca

Estándar
Sin categoría

Comedy Wildlife Photography Awards

Pois resulta que hai un premio para fotos divertidas de natureza, quen o ía dicir.

A gañadora deste ano na categoría de aire foi:

9622282442

Winner in the air category “Duck Speed” by John Threlfall
Comedy Wildlife Photo Awards

E a seguinte secuencia gañou a categoría de “portafolio-web” e a primeira é a gañadora absoluta do concurso:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Overall winner and winner amazing internet portfolio “Help” by Tibor Kercz Comedy Wildlife Photo Awards 2017

Poden verse o resto das imaxes seleccionadas en Dpreview (a miña web de fotografía preferida) de onde están recollidas as anteriores ou directamente en na páxina da Comedy Wildlife Photography Awards Limited.

Felices festas!

Estándar
Sin categoría

Turistas

Coa chegada do outono e o inverno, un gran número de especies de aves chegan á ría buscando alimento e mellor clima.

Posiblemente está sexa a mellor época do ano para ver paxaros polo número de especies diferentes e a posibilidade de atopar algún visitante raro.

picafollas_comun_entrada

O picafollas común (Phylloscopus collybita) cría no norte de Europa e no inverno ven substituír ao picafollas ibérico do que só se diferenza en pequenos detalles coma a cor das patas, xeralmente máis escuras no común.

Non tan doados de atopar son os úbalos (Carduelis spinus) procedentes tamén do norte de Europa ou nalgúns casos das estepas rusas e ucraíña.

ubalo_01

A parte superior da cabeza negra permite diferencialos dos xiríns cos que en ocasións comparten bandada.

O mergo cristado (Mergus serratus) é moito máis raro e só en ocasións podemos ver algún como o que estes días pescaba cerca da praia de Espiñeira na Illa de Arousa.

mergo_cristado_02

 

Estándar
Sin categoría

Cullereiros

cullereiros

Unha das aves que nos visitan en inverno é o cullereiro (Platalea leucorodia) co seu inconfundible peteiro.  Case todos os anos podemos velos na Enseada Umia-Grove pero os da foto, con outros dous, estaban na lagoa de Xaifas en Louro (Muros) onde a súa presenza non é tan frecuente.

 

Estándar