Sin categoría

Unha viaxe extraordinaria

chasco_cincento_04 O chasco cincento (collanba gris en Castelán) é un paxariño do tamaño dun pardal que cría no norte de Europa e nalgúns lugares da península, case sempre a máis de 1000 m de altura.

Ao chegar o inverno emigra a África como moitas outras aves.

O que fai extraordinario a este paxaro é que tamén cría en Canadá e Groenlandia e tamén emigran a África ao chegar o inverno pero, para facelo, teñen que cruzar o Atlántico.  Un voo de 2400 km en 80 horas sen deterse.

Dous mil catrocentos quilómetros en oitenta horas sen deterse.

O exemplar da fotografía estaba na Illa de Arousa nun día de novembro buscando comida na praia.  Non sabemos de onde viña.

Estándar